


Tras a sinatura da Declaración de Bolonia, a Unión Europea propuxo entre outras iniciativas dar prioridade ao coñecemento das linguas estranxeiras dentro dos plans de estudo, establecendo como obxectivo necesario a aprendizaxe de dúas linguas ademais da lingua materna a partir de 2010.
A través dos nosos programas de apoio á implantación do multilingüismo promovemos a aprendizaxe de segundas linguas desde idades temperás, axudando así a incrementar os niveis de competencia comunicativa dos alumnos e garantindo que unha elevada porcentaxe acredite estratexias de comunicación efectivas e competitivas dentro do novo espazo europeo que se propón.
Cando as conclusións do acordo comecen a facerse efectivas, o grao de coñecemento das segundas linguas será indispensable para cursar estudos universitarios, e soamente a acreditación dun nivel intermedio aceptable determinará a participación do alumno en programas de mobilidades, becas e proxectos europeos.
Desde Activa traballamos en colaboración co Centro para que os seus alumnos alcancen, ao termo da etapa escolar, o nivel B2 (Usuario Independente) do Marco común europeo de referencia, ofrecendo programas completos que inclúen:
- Clases preparatorias de exames oficiais doutras linguas.
- Actividades complementarias, culturais e lingüísticas que apoian a adquisición da segunda lingua.
- Programas no estranxeiro.
- Asesoramento pedagóxico para alumnos e mestres.
- Profesorado bilingüe e nativo, comprometido e implicado.

