A Escola de idiomas é un proxecto que ten como obxectivo favorecer a comunicación eficaz en diferentes idiomas, entre os que se inclúen fundamentalmente inglés, francés e alemán. (Idiomas a elixir.)
A quen vai dirixido?
- Alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
- Adultos.
- Profesorado do centro.
Algunhas características interesantes
- Grupos reducidos de traballo.
- Enfoque eminentemente comunicativo.
- Sesións con carácter dinámico e participativo en mans dun lector nativo
- Introdución á cultura do país de orixe.
A que exames oficiais optan os nosos alumnos?
Inglés: Exames do TRINITY COLLEGE LONDON e da UNIVERSITY OF CAMBRIDGE.
Alemán: Exames do GOETHE INSTITUT.
Francés: Exames DELF e DALF (do CIEP).




Os nosos profesionais
Profesores: especialistas na lingua correspondente. Nativos/Bilingües.
Lectores: mestres nativos con experiencia demostrada.
Coordinadores de idiomas: responsables do perfecto funcionamento da Escola.
Actividades
O material didáctico e as actividades realizadas en cada grupo son seleccionados polo Departamento de idiomas de ACTIVA e adáptanse ás necesidades de cada nivel.