Logo Tardes TRZ_RGB sin mesesCoa chegada da xornada continua nos meses de xuño e setembro ofrecemos actividades para as tardes destes períodos. O programa de TARDES ACTIVAS cobre esta franxa horaria cunha serie de actividades lúdico-educativas que permiten que os alumnos e alumnas permanezan no seu contorno escolar divertíndose e completando a súa formación.

As TARDES ACTIVAS están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Desenvolvemos estas actividades con profesionais da Educación, o Tempo Libre e o Deporte, que se ocupan da formación e diversión dos rapaces e rapazas.

En que horario se desenvolven e como se distribúen os grupos?

As TARDES ACTIVAS de xuño e setembro teñen lugar de luns a venres e a distribución dos alumnos e alumnas faise en función das idades dos participantes.

Horario adaptado ás necesidades de cada Centro e programación adecuada ás idades dos alumnos e alumnas.

Que tipo de actividades se realizan?

As actividades que se levan a cabo nas TARDES ACTIVAS abarcan desde un tempo de estudo para os máis maiores ata a inmersión nun fantástico mundo de animación e entretemento mediante obradoiros de talleres manuais e de plástica, teatro e contacontos, xogos cooperativos, bailes, deportes, cancións e xincanas.

Á hora de confecionar a oferta de actividades, esta acórdase conxuntamente co equipo directivo e/ou pedagóxico, de xeito que se adapte o máximo posible ás necesidades do Centro.