Logo LUDOTECA_RGBSon espazos nos que os rapaces e rapazas continúan a súa aprendizaxe dun xeito divertido. Co programa de ludotecas ofrecemos actividades durante o curso escolar e en períodos vacacionais (Nadal, Semana Santa, verán…).

Cun amplo programa de actividades, adaptadas ás diferentes idades e ás súas necesidades, as ludotecas desenvolven un importante labor educativo: rapaces e rapazas divírtense á vez que fan amigos, aprenden e comparten actividades e xogos.

O xogo é fundamental para o desenvolvemento integral dos rapaces e rapazas: aprenden a coñecer a vida xogando.