logo_campamentos154pxSon unha proposta de actividades lúdico-formativas, dirixidas a rapaces e rapazas de Educación Infantil e Primaria, que se desenvolven durante os meses de xullo e agosto no propio Centro e forman parte do proceso global de formación do alumnado.

Os campamentos urbanos representan unha solución para aqueles pais e nais que traballan e que non poden compaxinar os seus compromisos profesionais coas vacacións escolares dos seus fillos e fillas.

En que horario se desenvolven?

Cada Centro decide o horario que mellor se adapta ás súas necesidades. Tamén ofrecemos servizo de Madrugadores e Comedor para aquelas familias que así o desexen.

Que tipo de actividades se realizan?

  • Lúdicas e de animación (xogos populares, xincanas, danzas e bailes, xogos con música…).
  • Deportivas (piscina, escola deportiva, xogos de rastro e orientación…).
  • Artísticas (obradoiros de traballos manuais, pintura, debuxo…).
  • Culturais (idiomas, informática, música, animación á lectura…).
  • Actividades estrela (xogos acuáticos, actuacións de meigos e pallasos, actividades guiadas a centros de interese cultural, obradoiros  de natureza e reciclaxe…).

Que materiais se empregan?

Os materiais, escollidos coidadosamente polo noso equipo pedagóxico, adáptanse ás necesidades de cada grupo e inclúen material propio deseñado por ACTIVA.

Como se estruturan?

As actividades do campamento xiran, normalmente, en torno a un centro de interese:

“Mañás con Arte”, “O mundo e as súas culturas”, “Novos inventores”, “Aprendices de meigos e meigas”, “A máquina do tempo”, semana da reciclaxe, semana olímpica, semana do circo, semana das ciencias, semana da historia, semana do cine…

Os nosos profesionais

Para o desenvolvemento dos Campamentos urbanos de ACTIVA contamos con profesionais da Educación, o Tempo de Lecer e o Deporte, que garanten a formación e diversión dos rapaces e rapazas.