Os cadernos APRENDE INFORMÁTICA CON LINUX son o único método de formación informática para alumnos de Primaria que está baseado totalmente en contornos e software libre (Linux, Ubuntu, LibreOffice…).
Cada curso componse de CADERNO + CD e o CD contén os programas de libre distribución necesarios para practicar os contidos do curso.
Son unha colección de materiais didácticos exclusivos, avalados pola editorial SM, que abarcan toda a Educación Primaria (de 1º a 6º), con obxectivos e contidos adaptados para cada nivel (6 cursos/3 niveis).
Metodoloxía
A metodoloxía dos cadernos APRENDE INFORMÁTICA CON LINUX ten un enfoque totalmente práctico, o que permite a súa aplicación inmediata tanto na aula como no contorno familiar.
Cos cadernos APRENDE INFORMÁTICA CON LINUX os alumnos aprenderán a:
- Empregar o ordenador e as opcións básicas do sistema operativo Linux.
- Empregar correctamente Internet como fonte de información e ferramenta de comunicación.
- Elaborar traballos escolares con procesadores de texto.
- Crear gráficos e presentacións multimedia con ferramentas de software libre.