NIVEL I: Clic&Play 1 e 2

 

CPnivel1
Clic&Play 1:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno    iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 
Clic&Play 2:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno    iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Familiarizar os alumnos e alumnas co manexo do ordenador.
  • Desenvolver a capacidade de lectoescritura.
  • Desenvolver a creatividade.

Contidos

Interface multimedia. Neste nivel, o CD-ROM contén unha aplicación multimedia que, dun xeito sinxelo e intuitivo, facilita o acceso dos alumnos e alumnas ás actividades e exercicios incluídos no CD-ROM.
O ordenador. Trabállanse os conceptos informáticos básicos: as partes do ordenador, os discos, os programas…
Debuxar. Actividades para debuxar e colorar de complexidade crecente: colorar, liñas, trazos, pintar, formas, completar…
Escribir. Actividades multimedia para familiarizar os alumnos e alumnas co manexo básico do teclado : escribir, borrar, maiúsculas, acentos… Tamén se incluíu PequeWord, unha macro que permite aos alumnos e alumnas de primeiro ciclo de Educación Primaria empregar o programa Microsoft Word cunha interface adaptada ás súas necesidades.
Internet. Directorio cunha selección de páxinas para alumnos e alumnas de primeiro ciclo de Educación Primaria.
Crear. Debuxos que os alumnos e alumnas deben completar coa ferramenta de debuxo Paint e logo imprimir para recortar e montar.

Mostras e videodemos

iconoPDF_20px  Libro do alumno Clic&Play 1  (unidade 1)
iconoVIDEO_20px  Interface multimedia  (CD Clic&Play 1 e 2)
iconoVIDEO_20px  Lectoescritura  (CD Clic&Play 1 e 2)
iconoVIDEO_20px PequeWord  (CD Clic&Play 1 e 2)

 

>> Consulte o prezo e faga o seu pedido <<

 

NIVEL II: Clic&Play 3 e 4

 

CPnivel2
Clic&Play 3: iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 
Clic&Play 4: iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Capacitar os alumnos e alumnas para manexar de xeito autónomo o sistema operativo Windows.
  • Manexar as opcións básicas das aplicacións informáticas máis comúns.
  • Descubrir as posibilidades lúdicas e educativas de Internet.

Contidos

O ordenador e Windows. Conceptos informáticos elementais e manexo básico do sistema operativo: emprego do rato, partes do ordenador, discos, elementos do escritorio, iconas, abrir programas, tipos de arquivos, abrir e gardar arquivos…
Debuxar. Ferramentas básicas do programa de debuxo Paint. Inclúense abundantes exemplos e exercicios de debuxo: trabállase sobre todo coas formas e liñas xeométricas e con ferramentas como o bote de pintura e o aerógrafo.
Edición e formato de textos. Trabállanse nocións básicas de tratamento de textos cos accesorios de Windows Bloc de Notas e WordPad.
Deseñar. Actividades realizadas co programa de deseño Print-Artist. Os alumnos e alumnas aprenderán a realizar tarxetas e carteis integrando as imaxes de ClipArt, incluídas no programa, con textos e debuxos elaborados por eles mesmos noutros programas.
Internet. Directorio cunha selección de páxinas para alumnos e alumnas de segundo ciclo de Educación Primaria.
Multimedia. Diferenciar e reproducir os distintos tipos de arquivos multimedia. En Clic&Play 4 os alumnos e alumnas crearán as súas propias presentacións multimedia en Powerpoint con sinxelos efectos de animación a partir dos exemplos e padróns incluídos no CD-ROM.

Mostras

iconoPDF_20px  Libro do alumno Clic&Play 3  (unidade 4)

 

>> Consulte o prezo e faga o seu pedido <<

 

NIVEL III: Clic&Play 5 e 6

 

CPnivel3
Click&Play English 5:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 
Click&Play English 6:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Capacitar os alumnos e alumnas para manexar de xeito autónomo o PC e o sistema Windows.
  • Empregar Internet e as obras de consulta en CD-ROM como fontes de información.
  • Elaborar traballos escolares con procesadores de texto.

Contidos

O ordenador e Windows. Aprender a realizar tarefas básicas de configuración e mantemento do sistema: organización de arquivos, formatar disquetes, mover e copiar datos entre unidades, instalar programas, comprimir e descomprimir arquivos…
Internet. Creación de páxinas web. Os alumnos e alumnas continúan explorando Internet para localizar información empregando diversas estratexias de busca. Aprenderán a gardar textos e imaxes para usalos nos seus propios traballos.
Maquetación de textos. Os alumnos e alumnas realizarán traballos escolares co procesador de textos Word, integrando textos e imaxes de diversas fontes.
Imaxe dixital e ilustración vectorial. Conceptos e procedementos básicos para traballar con gráficos dixitais de distintos tipos e formatos.
Sonido, vídeo, 3D… Aprender de forma básica os procedementos para identificar, reproducir, modificar e editar distintos tipos de arquivos multimedia.
Multimedia. Creación de presentacións multimedia interactivas, integrando elementos traballados con outros programas.

Mostras

iconoPDF_20px  Libro do alumno Clic&Play 5  (unidade 4)

 

>> Consulte eo prezo e faga o seu pedido <<