logoCPClic&Play é un método exclusivo de formación en informática, especialmente desenvolvido para rapaces e rapazas de Educación Primaria: permite familiarizar os alumnos e alumnas coas novas tecnoloxías e capacítaos para usalas de xeito construtivo no seu contorno familiar a escolar.

É un programa flexible, adaptado por idades, con obxectivos pedagóxicos axeitados para cada nivel, que pode impartirse como materia complementaria ou ben como actividade extraescolar.

Clic&Play resolve con garantía a ensinanza da informática naqueles Centros que queren adaptar a su oferta formativa ás necesidades da sociedade da información.

Metodoloxía

Clic&Play pon as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ao alcance dos alumnos e alumnas de Educación Primaria, cunha metodoloxía adaptada ás súas necesidades formativas e nivel de desenvolvemento psicoevolutivo.

Metodoloxía práctica

Introdúcense os conceptos teóricos cando son necesarios para a realización de actividades, sempre divertidas e motivadoras.

Programación flexible

Adaptable facilmente aos diferentes ritmos de aprendizaxe.

Actividades lúdicas e participantes

Para que os alumnos e alumnas aprendan e ao mesmo tempo se divirtan.

Material para o alumno

 

CPmaterialALUMNOS

Libro

O libro do alumno inclúe:

  • Ilustracións, fotos e esquemas que farán que a aprendizaxe de informática sexa cen por cen intuitiva.
  • Capturas de pantalla do CD-ROM.
  • Exercicios, actividades e prácticas.

CD-ROM

O CD-ROM incluído no libro do alumno é o complemento ideal do mesmo, xa que inclúe os elementos necesarios para realizar as actividades e prácticas do curso.

Actividades multimedia. Os máis pequenos atoparán sinxelas actividades deseñadas para facilitar a asimilación dos conceptos informáticos máis abstractos e familiarizar aos alumnos e alumnas co manexo do teclado.

Arquivos e recursos. O CD contén arquivos e recursos multimedia que os alumnos e alumnas poden incorporar nos seus traballos.

Exemplos e exercicios. Os alumnos e alumnas atoparán no CD-ROM todos os arquivos, documentos, modelos e padróns precisos para a realización das actividades: exercicios de debuxo, actividades de lectoescritura, edición e formato de texto, presentacións multimedia…

Directorio en Internet

Para a realización de actividades relacionadas con Internet e co correo electrónico elaborouse un directorio de Internet con páxinas web de interese educativo.

Material para o profesor

 

CPmaterialPROFES

Guía didáctica

A guía didáctica é a ferramenta que orienta e guía ao profesor, e inclúe:

  • Orientacións metodolóxicas.
  • Programación anual.
  • Plans de lección.
  • Actividades opcionais.
  • Unidades centradas nunha área tecnolóxica.

Unidades didácticas. Os contidos agrúpanse en unidades didácticas centradas nunha área tecnolóxica determinada, e detállanse os contidos, obxectivos e actividades para realizar en cada unidade.

Sesións. Nunha dobre páxina detállanse os contidos e actividades para desenvolver en cada sesión e propóñense actividades alternativas. Deste xeito, a programación é aberta e flexible abondo para adaptala aos diferentes ritmos de aprendizaxe individual.

Prácticas. Ao final de cada unidade didáctica propóñense diversas actividades nas que se repasan e poñen en práctica os contidos da unidade.

CD-ROM

O CD-ROM do profesor reproduce integramente os contidos do CD-ROM do alumno e, ademais, inclúe unha selección de programas e materiais de apoio, precisos para realizar as diferentes actividades propostas nas diferentes áreas tecnolóxicas:

  • Programas de debuxar e colorar para os máis pequenos.
  • Programas de debuxo e edición de imaxes.
  • Editores de son e reprodutores MIDI.
  • Programas de mecanografía e xogos de escritura.
  • Xogos educativos para traballar a memoria e o manexo do rato.
  • Utilidades.

Obxectivos xerais

  • Familiarizar aos alumnos e alumnas co uso construtivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
  • Capacitar aos alumnos e alumnas para usar as opcións básicas das aplicacións informáticas máis comúns (manexo do ordenador e do sistema operativo, deseño e gráficos, procesador de textos, presentacións multimedia, Internet…).

Obxectivos e contidos adaptados por niveis

Os obxectivos e contidos foron seleccionados en cada nivel tendo en conta as características do grupo de idade correspondente:

materiales_CP_NIVELESClic&Play 1 e 2 materiales_CP_NIVELES2Clic&Play 3 e 4   materiales_CP_NIVELES3Clic&Play 5 e 6

 

>> Consulte o prezo e realice o seu pedido <<