NIVEL I: Click&Play English 1 e 2

 

materiales_CPenglishCONTENIDOS_1

O inglés introdúcese acompañado de xestos e imaxes, de xeito que os alumnos o comprendan sen necesidade de recibir a súa tradución ao castelán. Os xogos e as distintas actividades coas que se aprenden os conceptos básicos para manexar o ordenador fan que o novo idioma se introduza con naturalidade e sen esforzo.

Click&Play English 1:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Click&Play English 2:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Familiarizar os alumnos e alumnas co manexo do ordenador.
  • Desenvolver a capacidade de lectoescritura.
  • Desenvolver a creatividade.
  • Introducir o inglés mediante xestos e imaxes, de xeito que o alumno se familiarice coa lingua na que se van impartir as clases con naturalidade e sen esforzo pola súa parte.

Contidos

Multimedia Interface. Neste nivel, o CD-ROM contén unha aplicación multimedia que, dun xeito sinxelo e intuitivo, facilita o acceso dos alumnos e alumnas ás actividades e exercicios incluídos no CD-ROM.

The Computer. Trabállanse os conceptos informáticos básicos: as partes do ordenador, os discos, os programas…

Drawing. Actividades para debuxar e colorar de complexidade crecente: colorar, liñas, trazos, pintar, formas, completar…

Writing. Actividades multimedia para familiarizar os alumnos e alumnas co manexo básico do teclado: escribir, borrar, maiúsculas…
Tamén se incluíu  KiddyWORD, unha macro que permite aos alumnos e alumnas de primeiro ciclo de Educación Primaria usar o programa Microsoft Word cunha interface adaptada ás súas necesidades.

The Internet.  Directorio cunha selección de páxinas para alumnos e alumnas de primeiro ciclo de Educación Primaria.

Creating. Debuxos que os alumnos e alumnas deben completar coa ferramenta de debuxo Paint e logo imprimir para recortar e montar.

Mostras e videodemos

iconoPDF_20px  Libro do alumno Click&Play English 1  (unit 1)

iconoVIDEO_20px  Interface multimedia (CD Click&Play English 1 e 2)

iconoVIDEO_20px  Read and write (CD Click&Play English 1 e 2)

iconoVIDEO_20px  KIDDYWORD  (CD Click&Play English 1 e 2)

 

>> Consulte o prezo e faga o seu pedido <<

 

NIVEL II: Click&Play English 3 e 4

 

materiales_CPenglishCONTENIDOS_2

As clases son en inglés na súa totalidade. As actividades que acompañan o libro, así como as imaxes deste, conseguen que o alumno comprenda e empregue o inglés con naturalidade e sen que lle resulte complicado facelo.

Click&Play English 3:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Click&Play English 4:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Capacitar os alumnos e alumnas para manexar de xeito autónomo o sistema operativo Windows.
  • Manexar as opcións básicas das aplicacións informáticas máis comúns.
  • Descubrir as posibilidades lúdicas e educativas de Internet.
  • Conseguir que os alumnos comprendan e empreguen o inglés con naturalidade durante toda a clase, sen necesidade de empregar a súa lingua nativa para explicar ningún concepto ou actividade.

Contidos

The Computer and Windows. Conceptos informáticos elementais e manexo básico do sistema operativo: emprego do rato, partes do ordenador, discos, elementos do escritorio, iconas, abrir programas, tipos de arquivos, abrir e gardar arquivos…

Drawing. Ferramentas básicas do programa de debuxo Paint. Inclúense abundantes exemplos e exercicios de debuxo: trabállase sobre todo coas formas e liñas xeométricas, e con ferramentas como o bote de pintura e o aerógrafo.

Edit and formatting text. Trabállanse nocións básicas de tratamento de textos cos accesorios de Windows Bloc de Notas e WordPad.

Design. Actividades realizadas co programa de deseño Print-Artist. Os alumnos e alumnas aprenderán a realizar tarxetas e carteis integrando as imaxes de ClipArt, incluídas no programa, con textos e debuxos elaborados por eles mesmos noutros programas.

The Internet. Directorio cunha selección de páxinas para alumnos e alumnas de segundo ciclo de Educación Primaria.

Multimedia files. Diferenciar e reproducir os distintos tipos de arquivos multimedia. En Click&Play English 4 os alumnos e alumnas crearán as súas propias presentacións multimedia en Powerpoint con sinxelos efectos de animación, a partir dos exemplos e padróns incluídos no CD-ROM.

Mostras

iconoPDF_20px  Libro do alumno Click&Play English 3  (unit 4)

 

>> Consulte o prezo e faga o seu pedido <<

 

NIVEL III: Click&Play English 5 e 6

 

materiales_CPenglishCONTENIDOS_3

As clases son en inglés na súa totalidade. O material empregado (música, textos, páxinas web) está integramente neste idioma e é dun nivel alto. No entanto, o estudante o asimilará con naturalidade e sen esforzo, xa que os temas serán do seu interese.

Click&Play English 5:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Click&Play English 6:  iconoPDF_20px  índice Libro do alumno   iconoPDF_20px  índice contido CD alumno 

Obxectivos

  • Capacitar os alumnos e alumnas para manexar de xeito autónomo o PC e o sistema operativo Windows.
  • Empregar Internet e as obras de consulta en CD-ROM como fontes de información.
  • Elaborar traballos escolares con procesadores de texto.
  • Capacitar os alumnos para que empreguen o inglés a un nivel experto, mediante abundante material gráfico e textual e exercicios que os divirtan, de xeito que asocien esta lingua con actividades do seu interese.

Contidos

The Computer and Windows. Aprender a realizar tarefas básicas de configuración e mantemento do sistema: organización de arquivos, formatear disquetes, mover e copiar datos entre unidades, instalar programas, comprimir e descompimir arquivos…

The Internet. Creación de páxinas web. Os alumnos e alumnas continúan explorando Internet para localizar información empregando diversas estratexias de busca. Aprenderán a gardar textos e imaxes para usalos nos seus propios traballos.

Text Layout. Os alumnos e alumnas realizarán traballos escolares co procesador de textos Word, integrando textos e imaxes de diversas fontes.

Digital Images and Vector Illustration. Conceptos e procedementos básicos para traballar con gráficos dixitais de distintos tipos e formatos.

Digital Sound and Video, 3D… Aprender de forma básica os procedementos para identificar, reproducir, modificar e editar distintos tipos de arquivos multimedia.

Multimedia Presentations. Creación de presentacións multimedia interactivas, integrando elementos traballados con outros programas.

Mostras

iconoPDF_20px  Libro do alumno Click&Play English 5  (unit 4)

 

>> Consulte o prezo e faga o seu pedido <<