materiales_logoC&Penglish_RGBClick&Play English é un método exclusivo de formación en informática integramente en inglés que está especialmente desenvolvido para alumnos de Educación Primaria.

Click&Play English permite familiarizar aos alumnos coas novas tecnoloxías ao mesmo tempo que, ao estar completamente en inglés, aprenden esta imprescindible lingua de xeito doado e ameno, todo isto no seu contorno familiar e escolar.

Trátase dun programa flexible, adaptado por idades, con obxectivos pedagóxicos axeitados para cada nivel e que pode impartirse como materia complementaria ou como actividade extraescolar

Metodoloxía

Click&Play English pon as novas tecnoloxías ao alcance dos alumnos de educación primaria, cunha metodoloxía adaptada ás súas necesidades formativas e nivel de desenvolvemento psicoevolutivo. O idioma inglés no que se imparten as clases non é sinxelamente un extra, senón o contorno no que todo ten lugar, e polo tanto aprenden esta lingua de maneira inconsciente e sen esforzo.

Metodoloxía práctica

Baseada en actividades divertidas e motivadoras, vanse introducindo os conceptos teóricos segundo van sendo precisos para a realización das actividades. Empréganse xogos, páxinas web e contos propios da cultura anglosaxona, o que permite ao alumno familiarizarse cos distintos costumes dos países nos que o inglés é a lingua oficial.

Programación flexible

Adaptable facilmente aos diferentes ritmos de aprendizaxe, así como ao nivel de inglés do alumno.

Actividades lúdicas e participantes

Para que os alumnos aprendan informática e inglés á vez que se divirten.

Material para o alumno

Os materiais do alumno, que inclúen un libro e un CD-ROM, están integramente en inglés.

Libro

O libro do alumno inclúe:

  • Ilustracións, fotos e esquemas que farán que a aprendizaxe de informática e a asimilación do inglés sexan cen por cen intuitivos
  • Capturas de pantalla do CD-ROM, dun sistema operativo en inglés e de páxinas web anglosaxonas.
  • Exercicios, actividades e prácticas.

CD-ROM

O CD-ROM incluído no libro do alumno é o complemento ideal do mesmo, xa que contén os elementos precisos para realizar as actividades e prácticas do curso. Tanto o material como todos os seus comandos, así como os programa para descargar que inclúe, están en inglés.

Actividades multimedia. Os máis pequenos atoparán sinxelas actividades multimedia en inglés, deseñadas para facilitar a asimilación dos conceptos informáticos máis abstractos e familiarizar aos alumnos co manexo do teclado.

Arquivos e recursos. O CD contén arquivos e recursos multimedia en inglés que os alumnos poden incorporar nos seus traballos

Exemplos e exercicios. Os alumnos atoparán no CD-ROM todos os arquivos, documentos, modelos e padróns precisos para a realización de actividades: exercicios de debuxo, actividades de lectoescritura, edición e formato de texto, presentacións multimedia… Todos os materiais están integramente en inglés.

Directorio en Internet

Para a realización das actividades relacionadas con Internet e o correo electrónico elaborouse un directorio de Internet con páxinas web dos distintos países de lingua inglesa –Estados Unidos, Inglaterra, Australia…– de interese educativo.

Material para o profesor

Os materiais do profesor, que inclúen unha guía didáctica e un CD-ROM, están integramente en inglés, de xeito que as clases poidan ser impartidas por profesorado nativo.

Guía didáctica

A guía didáctica é a ferramenta que orienta e guía ao profesor, e inclúe:

  • Orientacións metodolóxicas.
  • Programación anual.
  • Plans de lección.
  • Actividades opcionais.
  • Unidades centradas nunha área tecnolóxica.

Unidades didácticas. Os contidos agrúpanse en unidades didácticas centradas nunha área tecnolóxica determinada, e detállanse os contidos, obxectivos e actividades a realizar en cada unidade.

Sesións. Nunha dobre páxina detállanse os contidos e actividades para desenvolver en cada sesión e propóñense actividades alternativas. Deste xeito, a programación é aberta e flexible abondo para adaptala aos diferentes ritmos de aprendizaxe individual.

Prácticas. Ao final de cada unidade didáctica propóñense diversas actividades nas que se repasan e poñen en práctica os contidos da unidade.

CD-ROM

O CD-ROM do mestre reproduce integramente os contidos do CD-ROM do alumno.

Obxectivos xerais

  • Familiarizar aos alumnos co uso construtivo das novas tecnoloxías.
  • Capacitar aos alumnos para usar as opcións básicas das aplicacións informáticas máis comúns (manexo do ordenador e do sistema operativo, deseño e gráficos, procesador de textos, presentacións multimedia, Internet…).
  • Conseguir que os alumnos falen e comprendan o idioma inglés con naturalidade e sen esforzo.

Obxectivos e contidos adaptados por niveis

Os obxectivos e contidos foron seleccionados en cada nivel tendo en conta as características do grupo de idade correspondente:

materiales_CPenglishNIVELES_1
Click&Play English 1 e 2
materiales_CPenglishNIVELES_1
Click&Play English 3 e 4
materiales_CPenglishNIVELES_1
Click&Play English 5 e 6

 

>> Consulte o prezo e realice o seu pedido <<