Preparamos ao alumnado para a obtención de titulacións oficiais con recoñecemento internacional:

idiomas_bandera_inglesa20x20 Inglés: Trinity College London e Cambridge English

idiomas_bandera_alemana20x20 AlemánGoethe Institut

idiomas_bandera_francesa20x20 Francés: Exames DELF e DALF

idiomas_logo_trinity_185X53px     PreparationCentreLogo_RGB_72dpi   idiomas_Logo_DELF-DALF     idiomas_logo Goethe_solo texto

 

Inglés

Trinity College London

O certificado de Inglés de Trinity College London, do que ACTIVA é centro examinador oficial, é un sistema progresivo de exames de carácter oral, recoñecido a escala internacional, para medir as habilidades lingüísticas e coñecementos de inglés.

En ACTIVA presentamos os nosos alumnos aos exames de Trinity College London porque nos permite que a ensinanza do inglés adquira un enfoque máis práctico, de xeito que os nosos alumnos aprenden a desenvolverse en contextos reais.

A quen vai dirixido?

A todos os alumnos a partir de 7 anos (2º Educación Primaria).

Como son os exames?

O exame está baseado nunha entrevista persoal cun examinador nativo de lingua inglesa formado, cualificado e proporcionado polo Trinity College London.

Cantos graos hai?

Existen doce graos distribuídos en catro etapas: Inicial, Elemental, Intermedia e Avanzada.

Cando e onde se realizan os exames?

ACTIVA, como centro examinador oficial de Trinity College London, busca as datas que mellor se adapten a cada centro, xeralmente a finais de maio ou principios de xuño. Os exames teñen lugar no propio centro se hai un número abondo de inscricións. Senón, os exames realízanse noutro Centro da mesma cidade.

Cales son as súas vantaxes?

  • Preparación dos alumnos en grupos homoxéneos, por niveis de coñecementos.
  • Os horarios das clases adáptanse aos intereses dos alumnos.
  • Enfoque eminentemente comunicativo.
  • Sesións cun carácter dinámico e participativo.

A sucesiva obtención dos certificados que acreditan a superación dos diferentes graos, e por tanto o nivel de coñecementos adquirido, motiva aos alumnos e estimúlaos para o estudo do idioma.

 

 

Cambridge English

É un sistema de exames, expedidos pola Universidade de Cambridge, que avalía o coñecemento de inglés de persoas non nativas (ESOL, English for Speakers of Other Languages). Estes exames seguen as directrices do Marco Común Europeo de Referencia do Consello de Europa, o cal garante a estandarización internacional e obxectiva dos niveis de ensinanza, así como da avaliación dos seus resultados.

En ACTIVA preparamos aos alumnos e alumnas nas catro destrezas do inglés como segunda lingua, co fin de superar estes exames e así obter títulos de validación de coñecementos a nivel internacional.

A quen vai dirixido?

A todos os alumnos a partir de 7 anos (2º Educación Primaria).

Como son os exames?

Os exanes avalían o dominio dos alumnos nas catro destrezas básicas na aprendizaxe do inglés: comprensión lectora, comprensión oral, expresión escrita e expresión oral.

Cando e onde se realizan os exames?

As probas realízanse en datas e instalacións designadas por Cambridge, se ben existe a posibilidade de que, en caso de contar cun número abondo de alumnos, estas se realicen no Colexio.

Que niveis hai?

Para os alumnos de entre 7 e 12 anos, Cambridge ofrece os exames YLE (Young Learners English).
Estas probas, adaptadas ás necesidades dos rapaces, compóñense de tres niveis: Starters, Movers, Flyers.

Para os alumnos a partir de 12 anos, os niveis básicos de Cambridge ESOL son os seguintes: Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), Certificate in Advanced English (CAE), Certificate of Proficiency in English (CPE).

Cales son as súas vantaxes?

  • Os alumnos e alumnas non teñen que saír do seu colexio para prepararse.
  • Os grupos de traballo son reducidos e homoxéneos.
  • Seguimento personalizado dos alumnos por especialistas de inglés.
  • Os exames de Cambridge ESOL son recoñecidos por un gran número de institucións educativas.
  • O tribunal examinador con máis prestixio certifica o nivel de inglés.