As inmersións lingüísticas son un dos métodos máis eficaces para profundar nun idioma, xa que nelas xorde todo tipo de situacións cotiás que se deben desenvolver exclusivamente en lingua estranxeira.

Unha inmersión lingüística permite asentar e extraer todas as nosas capacidades lingüísticas, tanto as conscientes como as inconscientes. É unha das ferramentas máis potentes á nosa disposición para mellorar a nosa confianza e superar o medo e a vergonza a falar nunha lingua estranxeira, para aprender novos rexistros e, en definitiva, conseguir a naturalización da lingua en todo tipo de situacións.

Activa pon a disposición este servizo dun xeito totalmente flexible e adaptado ás necesidades de cada grupo particular:

  • Segundo idades e nivel de competencia lingüística.
  • Con diferentes temáticas, que poden ser propostas tanto polo grupo como por Activa.
  • Na época do ano e coa duración que propoñan os participantes.

Ademais, Activa buscará os emprazamentos máis idóneos en base a diversos factores como prezo, distancia, duración, características do enclave e temática da inmersión, tendo sempre en conta as preferencias do grupo participante.

A quen vai dirixido?

  • Alumnos de 3º ciclo de Educación Primaria, ESO e Bacharelato.
  • Adultos.
  • Profesorado do centro.

Os nosos profesionais

  • Profesores/Comunicadores: especialistas na lingua correspondente e en educación
  • Nativos/Bilingües con experiencia en ensinanza e animación.
  • Xefes de estudo e coordinadores de idiomas: responsables do perfecto funcionamento de cada proxecto.