PIPE é un programa flexible e gratuíto para potenciar, mellorar e estandarizar a ensinanza de idiomas en diferentes campos educativos de xeito global, compatible e con resultados avalados/certificados por entidades de recoñecemento mundial.


Para quen?
Para centros comprometidos coa calidade e conscientes da importancia dos idiomas na formación de futuro Poden adherirse ao Plan todos os centros escolares, de calquera nivel educativo.
Para que?
Para facilitar tanto ao alumno como a todo o seu contorno (Comunidade Educativa, familias,…) un contacto directo, natural e continuo cos idiomas. Para desenvolver habilidades lingüísticas útiles en diferentes situacións da vida cotiá. O Plan PIPE persegue implementar e optimizar a eficacia da ensinanza de idiomas na escola con:
- O incremento cualitativo e cuantitativo da ensinanza do profesorado.
- Unha avaliación externa tanto do alumnado coma do profesorado e dos membros da comunidade educativa do centro con axentes avaliadores de indubidable prestixio como CAMBRIDGE ESOL e TRINITY COLLEGE LONDON.
Como?
Ordenando e sistematizando a ensinanza de idiomas no centro escolar a través de tres eixes básicos:
Curricular
Máis horas de exposición a outra/s lingua/s.
Complementario
Formación de formadores = Máis calidade para o alumno.
Extraescolar
Proxectos de centro plurilingües:
- Escola de idiomas.
- Auxiliares de conversación. Axudan a consolidar os coñecementos lingüísticos adquiridos e a familiarizarse culturalmente co idioma.
- Etc.
¡Anímate e forma parte de PIPE!

Máis información en:
Castela e Leó
902 09 01 16 | pipeescuelascatolicascyl@activa.org
Asturias, Madrid
902 36 34 21 | plurilinguismo.educativo@activa.org
Cataluña
902 36 34 21 | idiomes.cat@activa.org
Aragón, Galicia, Navarra, País Vasco, Cantabria, La Rioja
902 36 34 21 | plurilinguismo.educativo1@activa.org
C. Valenciana, Murcia
902 36 34 21 | plurilinguismo.educativo2@activa.org