A Multiactividade é unha proposta de Activa na que a flexibilidade é unha prioridade á hora de deseñar as actividades formativas.
Para todos aqueles alumnos que busquen unha actividade lúdica e educativa que non supoña unha hora máis de formación todos os días da semana, Activa propón unha alternativa adaptable ás circunstancias de cada familia que pode elixir o número de horas á semana que máis lle conveña.
Ademais, no deseño das actividades, Activa xunto co centro escolar, escollerá non só as materias a impartir senón tamén o idioma no que se desenvolverá cada unha delas.
Materias:
Ao igual que na Complementary Hour, as materias máis demandadas para desenvolver, considerando os diferentes niveis, son as seguintes:
- Para Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria, é común traballar actividades vinculadas ao desenvolvemento motor, social-afectivo, sensorial e potenciador da creatividade, e pódense combinar coa naturalización dun segundo idioma.
- En 2º Ciclo de Primaria, as actividades máis solicitadas son a informática, a animación á lectura e outras técnicas de traballo intelectual (lectura comprensiva, atención e memoria, etc.)
En 3º Ciclo de Primaria, as máis demandadas son as materias próximas ás escolares: a informática, as técnicas de traballo intelectual ou as clases de apoio que intensifican os contidos curriculares.