Logo COMPLEMENTARY HOUR

A nosa experiencia como precursores na implantación de Sextas Horas en colexios do territorio nacional lévanos a ofrecer unha nova proposta educativa: a Complementary Hour. A principal característica desta actividade é que, ademais de servir de apoio á ensinanza de contidos curriculares, afianza os coñecementos dos alumnos e alumnas no eido dos idiomas a través da metodoloxía AICLE: Aprendizaxe Integrado de Contidos en Lingua Estranxeira

A Complementary Hour créase para todos aqueles alumnos que queiran vivir experiencias diarias en inglés dentro do propio centro pero dun xeito lúdico, no que o idioma sexa sinxelamente a lingua vehicular.

Durante a Complementary Hour, rapaces e rapazas divírtense todos os días da semana en “Storytelling”, “Brilliant Brains: B2” (Ábaco xaponés en inglés), “Art Attack”, “Phonics & Literacy”, “On Stage” ou “Music”, mentres o inglés é unicamente o medio de comunicación e xogar e divertirse, a finalidade.

Durante a Complementary Hour, os rapaces aprenden e interiorizan unha lingua estranxeira do xeito máis natural ao mesmo tempo que desenvolven as capacidades implícitas en cada actividade.

Horarios

Os alumnos e alumnas reciben ao día unha hora máis de formación no horario acordado co Centro, realizando así un total de cinco horas semanais.

Materias

As materias máis demandadas para desenvolver, considerando os diferentes niveis, son as seguintes:

  • Para Educación Infantil e 1ºCiclo de Primaria, é común traballar actividades vinculadas ao desenvolvemento motor, social-afectivo, sensorial e potenciador da creatividade, combinándoas coa naturalización dun segundo idioma. En idades tan temperás isto ofrecerá ao alumnado a posibilidade de aprender unha segunda lingua dun xeito fluído e eficaz.
  • En 2º Ciclo de Primaria, as actividades máis solicitadas son a informática, a animación á lectura e outras técnicas de traballo intelectual (lectura comprensiva, atención e memoria…). A partir deste ciclo, os alumnos e alumnas poderán optar a exames oficiais de idiomas, así como traballar con outras materias noutra lingua vehicular que non sexa a súa propia.
  • En 3º Ciclo de Primaria, as máis demandadas son as materias próximas ás escolares: a informática, as técnicas de traballo intelectual ou as clases de apoio que intensifican os contidos curriculares. Nesta etapa, os alumnos e alumnas poderán continuar a súa progresión na consecución de obxectivos mínimos oficiais de idiomas, así como desenvolver materias que profundan tanto no idioma como na realidade socio-cultural deste.