Coa finalidade de naturalizar a comunicación e o estudo en linguas diferentes da materna, desde Activa proponse incidir e reforzar os obxectivos curriculares de cada etapa educativa a través dun complemento formativo da actividade docente do centro.

A particularidade destes programas reside en que se realizan fundamentalmente en inglés para conseguir que o idioma sexa percibido como un medio, un vehículo e non como un fin en si mesmo.

A quen vai dirixido?

  • Alumnos de Educación Infantil
  • Alumnos de Educación Primaria

Os nosos profesionais

Profesores: especialistas na lingua correspondente e en educación nas primeiras etapas. Nativos/Bilingües con experiencia en formación e animación.
Coordinadores de idiomas: responsables do perfecto funcionamento das actividades.