Ante os cambios tan importantes que experimentou a didáctica dos idiomas pola evolución das Novas Tecnoloxías e os avances en psicolingüística e lingüística aplicada, o profesorado demanda formación continuada.

Para dar resposta ás necesidades formativas que xorden coa implantación e desenvolvemento das seccións bilingües, ofrecemos cursos de carácter lingüístico e metodolóxico.

Os cursos lingüísticos teñen como obxectivo desenvolver, mellorar e/ou perfeccionar as competencias comunicativas dos profesores. Están dirixidas tanto a profesores de idiomas como a profesores doutras materias e poden enfocarse cara á preparación de Titulacións Oficiais ou ben como obradoiros comunicativos.

Exemplos:

  • Un grupo de mestres de inglés que realiza un curso de nivel avanzado orientado á preparación do CAE (Cambridge University) ou do ISE III (Trinity College London).
  • Un grupo de mestres doutras materias cun nivel básico de inglés que quere desenvolver as competencias comunicativas en lingua inglesa: obradoiro comunicativo.

Tamén temos cursos de inmersión lingüística aprobados polas bolsas Comenius.

Diferentes institucións colaboran con ACTIVA, sendo esta Centro Examinador oficial, á hora de validar os coñecementos aprendidos nos diferentes idiomas. Todas elas ofrecen titulacións que se rexen polos por los parámetros do MCERL (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas).

 

idiomas_cuadrante_MCER_Trinity_Cambridge