logo_EnglishSUMMERCAMP154pxPara os Centros que prefiran unha alternativa que permita aos seus alumnos e alumnas mellorar as súas habilidades comunicativas en lingua inglesa desenvolvemos un proxecto propio, ENGLISH SUMMER CAMP, no que todas as actividades se desenvolven en inglés e os participantes están a cargo de monitores nativos ou bilingües.

O programa de campamentos urbanos en inglés está dirixido ao alumnado de Educación Infantil e Primaria, e desenvólvese nas instalacións do Centro escolar durante as mañás do período vacacional de verán (meses de xullo e agosto).

Ademais dunha alternativa de lecer e diversión en verán, os campamentos de idiomas son un excelente instrumento para achegarnos a outras linguas dun xeito diferente.

Os Campamentos urbanos en inglés son unha proposta lúdico-educativa de aprendizaxe dunha segunda lingua no colexio onde os rapaces e rapazas están escolarizados, dentro da cidade na que viven, e baixo a dirección de persoal especializado na ensinanza de inglés.