logotipo_english_afternoons RGB sin mesesCoa chegada da xornada continua nos meses de xuño e setembro ofrecemos actividades para as tardes destes períodos. O programa de ENGLISH AFTERNOONS cubre esta franxa horaria cunha serie de actividades lúdico-educativas en inglés que permiten que os alumnos e alumnas permanezan no seu entorno escolar divertíndose e completando a súa formación.

As ENGLISH AFTERNOONS están dirixidas ao alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Desenvolvemos estas actividades con profesionais da educación, o tempo libre e o deporte, que se ocupan da formación e diversión dos rapaces e rapazas. Con nivel avanzado do idioma inglés.

En que horario se desenvolven e como se distribúen os grupos?

As ENGLISH AFTERNOONS de xuño e setembro teñen lugar de luns a venres, e a distribución dos alumnos e alumnas faise en función das idades dos participantes.

Horario adaptado ás necesidades de cada Centro e programación adecuada ás idades dos alumnos e alumnas.

 

Que tipo de actividades se realizan?

As actividades que se levan a cabo nas ENGLISH AFTERNOONS abarcan desde un tempo de estudo para os máis maiores ata a inmersión nun fantástico mundo de animación e entretemento mediante obradoiros de traballos manuais e plástica, teatro e contacontos, xogos cooperativos, bailes, deportes, cancións e xincanas. (Crafts, arts and theater workshops, storytelling, group games as well as dance, sports and music activities or gymkhanas)

Á hora de confeccionar a oferta de actividades, estas acórdanse conxuntamente co equipo directivo e/ou pedagóxico, de xeito que se axusten o máximo posible ás necesidades do Centro.