Logo6HORASomos pioneiros no desenvolvemento da Hora Extra/Sexta Hora, que supón un complemento formativo da actividade docente do Centro. Integrámonos plenamente no seu proxecto educativo para dar continuidade ao mesmo, favorecendo así o progreso académico do alumnado e mellorando a súa preparación para o futuro.

Contidos

Os contidos están expresamente relacionados cos obxectivos e contidos curriculares: ademais da independencia funcional que optimiza a súa consecución, sérvenlles de complemento, apoio e mellora de competencias e habilidades.

Horarios

Os alumnos e alumnas reciben todos os días unha hora máis de formación no horario acordado co Centro, realizando así un total de cinco horas semanais.

Materias

As materias máis demandadas para desenvolver, considerando os diferentes niveis, son as seguintes:

  • Para Educación Infantil e primeiro Ciclo de Primaria, aquelas actividades vinculadas ao desenvolvemento motor, social-afectivo, sensorial e potenciador da creatividade, favorecendo experiencias dirixidas a estimular a capacidade intelectual e o desenvolvemento persoal íntegro
  • En 2º Ciclo de Primaria, os idiomas, a informática, a animación á lectura e outras técnicas de traballo intelectual (lectura comprensiva, atención e memoria…).
  • En 3º Ciclo de Primaria, as materias próximas ás escolares: a informática, os idiomas, as técnicas de traballo intelectual ou as clases de apoio que intensifican os contidos curriculares.