En Activa sabemos que as necesidades e requirimentos de formación son infinitos, e por iso queremos dar resposta a todo tipo de propostas formativas.

Dividimos as temáticas da formación a adultos en dous grandes grupos:

  • A vida actual
  • Escola de pais e nais

A vida actual:

A oferta é moi variada, ampla e adaptable ás necesidades de cada grupo. Abarca temas tan de actualidade como as novas tecnoloxías e as redes sociais, ou clásicos como os idiomas ou as actividades deportivas, e en xeral todas aquelas materias que sempre desexamos ter aprendido mais nunca tivemos a oportunidade de facelo.

 

Escola de pais e nais:

Xestionada por psicólogos, a Escola de pais e nais está orientada a axudar a construír unha boa relación cos nosos fillos e a manter o noso novo papel de educadores. En Activa somos conscientes de que ninguén nace sabendo ser pai ou nai e de que é unha das empresas máis difíciles, e probablemente a máis importante, que imos afrontar na nosa vida.

A Escola de pais e nais axuda a comprender aos nosos fillos sen receitas pero ofrecendo pautas de educación eficaces.

 

Metodoloxía

Coa finalidade de adaptarnos ao ritmo da vida actual, que non permite ter toda a dispoñibilidde horaria que nos gustaría, propoñemos diferentes modalidades formativas para adaptarnos ás necesidades de cada grupo:

  • Obradoiros
  • Cursos
  • Seminarios
  • Charlas

Contamos cun grupo de profesionais expertos en xestión da formación que, para cada proxecto particular, deseña a actividade e selecciona ao persoal máis axeitado. Para iso, Activa conta cunha bolsa de emprego formada por profesionais capacitados con formación e experiencia.