Somos unha empresa de implantación nacional, con máis de 20 anos de experiencia no eido dos servizos educativos, dedicada á organización e desenvolvemento de actividades que reforzan e complementan a formación do alumnado.

En ACTIVA encargámonos de xestionar e controlar desde a contratación do persoal ata a supervisión dos contidos pedagóxicos. Organizamos as actividades aportando materiais e recursos didácticos propios.

A nosa dilatada experiencia permitiunos mellorar ata posicionarnos como empresa líder no sector dos servizos educativos. Actualmente contamos con 15 delegacións en toda España, que nos permiten estar preto dos nosos clientes en todo momento.

Ao longo da nosa traxectoria fomos creando a verdadeira identidade do que hoxe en día é ACTIVA ata chegar á definición dos conceptos polos que nos rexemos actualmente:
25 aniversario ACTIVA

Misión

Aportar calidade como valor engadido á oferta educativa do Centro, xestionando os servizos que demandan as familias e a comunidade escolar.

Visión

Para afianzar creativamente a nosa práctica educativa, temos como prioritario:

  • A orientación dos servizos cara a cultura da excelencia.
  • Un constante proceso de adaptación ás necesidades formativas, educativas e de ocio.
  • Responsabilidade e profesionalidade en todos os aspectos organizativos.

Valores

Especialización

En ACTIVA contamos con persoal altamente cualificado que nos permite desenvolver os mellores servizos para os nosos clientes e á súa vez beneficiarios, os alumnos e alumnas.

Innovación educativa

Desenvolvemos métodos propios para incorporar as novas tecnoloxías aos procesos formativos.

Calidade

Desde a organización de ACTIVA traballamos na mellora continua de todos os seus procesos, o que garante a total satisfacción dos nosos clientes. A certificación na Norma internacional de calidade ISO 9001:2008 referenda o noso compromiso coa calidade e a mellora continua.

Responsabilidade

Responsabilizámonos dos aspectos legais, administrativos e laborais que implican a posta en marcha e o desenvolvemento de actividades (contratos de traballo, nóminas, seguridade social, emisión e domiciliación bancaria de recibos, etc.).

Confianza

Desde ACTIVA poñemos os medios materiais e humanos precisos para realizar a organización e o desenvolvemento das actividades, liberando desta ocupación ao Centro.