ACTIVA proponse como fin prioritario manter e mellorar a súa posición no mercado nacional, procurando a satisfacción dos seus alumnos e alumnas, familias, profesorado, colexios e entidades.

Para iso, decide:

  • Cumprir cos requisitos regulamentarios e dos clientes
  • Prover dos recursos precisos para mellorar continuamente a eficacia do sistema de xestión da calidade.
  • Conseguir a fidelidade dos clientes actuais e favorecer a captación doutros novos que permitan aumentar a nosa cota de participación no sector.
  • Potenciar a planificación e a mellora continua dos procesos para mellorar a nosa eficiencia.
  • Comunicar a todos os empregados e empregadas a política e os obxectivos da calidade da empresa.
  • Respectar o medio ambiente e contribuír ao progreso do entorno social.

O Sistema de Xestión da Calidade (SGC) de ACTIVA está baseado na Norma UNE-EN ISO 9001:2008, que desenvolve os requisitos que debe cumprir calquera organización para o desenvolvemento dun sistema de xestión da calidade. O SGC aplícase a tódalas actividades relacionadas coa calidade do noso servizo e á satisfacción dos nosos clientes.